Galego Castellano

GaliciaLe

A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

Que é GaliciaLe?


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?


Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:

  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.

Como ler un libro?


Lectura en liña

Comproba que dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar a lectura.

Lectura mediante descarga

Antes de descargar un libro electrónico, comproba que:

  1. Dispós dunha conta Adobe ID.
  2. Tés instalada no teu equipo a aplicación Adobe Digital Editions en caso de que o teu dispositivo sexa compatible. En caso de que non o sexa, podes recurrir a algún dos programas que atoparás no titorial. Para saber se o teu dispositivo é compatible, podes consultar esta listaxe.

Poderás tomar en préstamo ata un máximo de tres libros en cada catálogo (tres no catálogo galego e outros tres no catálogo en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días.

Como ver unha película?


As películas poden visionarse en liña. Para iso, é preciso que antes comprobes se dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar o visionado.

Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dúas películas no catálogo galego e estarán á túa disposición durante un prazo de 48 horas.